O obxectivo xeral é contribuír á diversión dos menores nun clima lúdico e de aprendizaxe.
Como obxectivos complementarios:
- Recuperar a idea de xogar xuntos, invisibilizada ante a impronta das novas tecnoloxías.
- Fomentar os valores do respecto, a cooperación, a solidariedade entre as e os máis pequenos a través dos xogos.
- Permitir a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos seus familiares.
Entre as nosas propostas destacan:
- As actividades deportivas (contando co material deportivo do CEIP Os Blancos): xogos cooperativos, xincanas deportivas, carreiras por relevos, etc.
- Manualidades.
- Técnicas de dinámica de grupos: de presentación, comunicativcas, de afirmación, de distensión, de resolución de conflitos, avaliación, etc.
- Animación musical.
- Animación de cumpreanos ou outras festas recreativas: disfraces de verán, etc.
- Animación ao teatro.
- Educación medioambiental.
- Educación medioambiental.
- Outras.
Estamos abertos á participación de rapaces e rapazas con idades recomendables entre os 4 e os 13 anos, se ben somos flexibles e se queren participar con menos e/ou máis idade acollémolos con gusto sempre que se adapten á dinámica do grupo. Tamén somos flexibles e recollemos as expectativas acerca do que máis lles gusta aos rapaces e rapazas para desenvolver as actividades.
A fundamentación deste blog entendémola no eido das Novas Tecnoloxías Aplicadas ao Tempo Libre coma unha ferramenta máis para a animación das e dos cativos e, así mesmo, que os seus pais e as súas nais ou familiares, persoas coñecidas, etc. poidan gozar véndoos na Internet (N.B. 2).
N.B. 1: A iniciativa conta cun servizo de transporte municipal que establece unha couta mensual por ir a recoller e devolver os rapaces e rapazas aos seus fogares. O propio concello é o que establece a couta habendo prezos diferenzados que se desglosan, a continuación, para a edición deste verán de 2013:
1 neno/a da unidade familiar 2 irmáns/ás 3 irmáns/ás 4 irmáns/ás
15-31 Xullo: 7,5€ 12,5€ 15€ gratis
1-30 Agosto: 15€ 25€ 30€ gratis
TOTAL: 22,5€ 37,5€ 45€ gratis
Imaxe do transporte municipal de recollida e devolución dos nenos e nenas
N.B. 2: As fotografías tomadas aos nenos e ás nenas contan coa autorización por escrito dos seus pais/nais e/ou titores legais en orde á Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal para cedernos os seus dereitos de imaxe durante as distintas edicións do Campamento de Verán en Os Blancos (2011, 2013 e 2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario