sábado, 18 de xullo de 2015

CAMBIO DE BLOG

Para adaptarnos aínda máis ás novas tecnoloxías e facilitar a visualización de imaxes, pasamos a realizar tódalas accións do campamento na páxina de Facebook CDV Os Blancos. Desta maneira tódolos pais e nais e toda a xente que teña conta na plataforma telemática de Facebook poderá estar ó día no que respecta a todo o que suceda no campamento.

Para consultar as fotografías doutros anos, poderase consultar este blog onde estarán dispostas todas as imaxes dende 2011.

O equipo técnico do CDV Os Blancos.

sábado, 11 de xullo de 2015

SEGUNDA SEMANA

Máis imaxes do CDV 2015 onde a actividade máis salientable da semana foi a primeira visita ás piscinas municipais percorrendo o camiño máis próximo ó río Eiroá onde os rapaces puideron gozar da paisaxe autóctona e escoitar os sons da natureza. Foi unha xornada intensa na que o calor e o cansazo do percorrido so puido ser sofocado cun bo chapuzón.


CONTINUAMOS CO CDV OS BLANCOS 2015!!!


















mércores, 8 de xullo de 2015

martes, 23 de xuño de 2015

COMEZAMOS..... O LUNS!!

Xa temos o visto e prace do concello para dar inicio ó Campamento de Verán 2015. As actividades desenvolveranse de luns a venres de 9:45 a 13:45 durante os meses de xullo e agosto e o primeiro día será o luns día 29 deste mes. A corporación local pon, un ano máis, transporte para tódolos nenos e nenas. A listaxe de prezos poderanse consultar nas dependencias do concello. Ademais, os monitores deste ano serán os mesmos ca na edición de 2014; Melani e Daniel.

AGARDÁMOSVOS!!!!

mércores, 17 de xuño de 2015

CAMPAMENTO DE VERÁN 2015

Xa estamos de volta un ano máis para ofrecervos a maior cantidade de actividades recreativas posible!

Por quinto ano consecutivo, os nenos e nenas dos Blancos van pasar un verán alternativo!

O campamento de verán 2015 xa está a volta da esquina!!!

venres, 29 de agosto de 2014

DESPEDIDA


DESPEDIDA

Hoxe 29 de agosto e coa manualidade das sales de baño poñemos fin ó Campamento de Verán Os Blancos 2014. Foi unha aventura apaixoante para todos os acampados que esperemos que se repita para o ano que vén. Emprazámosvos ata xullo do ano vindeiro!

Ata a próxima rapac@s!!!